lunes, 14 de enero de 2013

Conto sobre o monte medulio


O último día no monte Medulio

Eu son Alda e teño 10 anos. Hoxe déspertome como un día calqueira, aínda que hai un pouco de néboa. Mentres lle estou dando unha papilla a miña irmá, que ten 2 anos, vín a miña nai a través da néboa. Ao entrar non nos deu un beso coma sempre, senón que ela ocupouse da miña irmá e púxose a recoller as cousas da casa dunha maneira rápida e axeitada. Nunca a vin tan nerviosa coma hoxe, aínda que segue intentando parecer tranquila, nun día no que cambiaría a vida de noso poboado e ninguén o sabía o que ía a acontecer...


Mandoume que fora a casa da curandeira do pobo, Nazara, xa que ela tiña que facer máis cousas e obedecín sen rechistar. Ao saír da casa, a néboa desapareceu e xa o sol pode verse no alto do ceo xa que é mediodía. Mentres camiño, doume de conta de que todolos homes e mulleres parecen preocupados por algo e mandan aos nenos, que están xogando fora, que entren á casa, como se algo fose a ocurrir...

Ao chegar a casa de Nazara, noto que non ten o seu típico arume a flores e especias que usa para as súas menciñas que nos axudan cando estamos enfermos, e vexo que está remexendo nunha pota enorme de cor verde e cun cheiro noxento, como de comida podrida. Cando se decota de que cheguei a súa casa, mandame a que vaia a por unha pranta chamada texo, que a usamos para matar os animais salvaxes que poden arruinar a colleita do poboado, e a garde nun pequeno de cesto . Marcheime sen preguntar xa que ela estaba concentrada na cacerola. Ao saír, vín que todos os homes estaban afiando paos largos de madeira e facendolle unha punta afilada como se estiveran facendo lanzas para cazar animais e as mulleres facían antorchas e apilaban pedras en pequenos grupos.

Polo camino do bosque, vexo flores preciosas e unhas pequenas pintegas de cor escura cerca dos texos. Ao achegarme para recollelas plantas, teño unha visión aterradora máis lonxe: todo o monte estaba rodeado dun foso e unha especie de valado de troncos de arbore darredor e uns homes cunha armadura e armas. Collo todo o texo que podo e o gardo no cesto e marchome correndo o máis deprisa que podo.


O sol xa se está poñendo e cando chego, non podo creer o que vexo: homes cravandose espadas e prendendoso fogo mentres se tiran moite abaixo mentres que outros tiran pedras e antorchas. A casa de Nazara está chea de xente e atopo a miña nai coa miña irmá nos brazos e dime que lle de as plantas que me pediu á curandeira. Ao darllas, vexo que as mete na pota que antes estaba remexendo. Nazara dános un cunca a cada unha cunha cara seria e a miña nai mandame que tome a cunca enteira chorando. Pregúntolle porque temos que bebelo pero so dime que o beba todo. Uns intres máis tarde, comezo a atoparme mal e non dou acabado o noxento líquido verde, miña nai vomita e quedamonos abrazadas apoiadas na parede da casa. Os homes de fora comezan a subir polo camiño do bosque mentres que ven que case todos están mortos. Cada vez atópome peor. Miña nai di que cerremos os ollos e que descansemos e veamos a lúa por última vez.





Adeus mamá.....














Monte Cido, un dos posibles lugares onde se atoparía o Monte Medulio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario